InicioTerra CháCastro de ReiLugo foi a provincia con menos accidentes durante a fin de semana

Lugo foi a provincia con menos accidentes durante a fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana na rede viaria galega, das que tres faleceron. Deses accidentes, só cinco tiveron lugar na provincia de Lugo.

Segundo informou o 061, entre as 15,00 horas do venres 3 de maio e as 23,59 horas deste domingo a Central de Coordinación recibiu 58 chamadas en relación con accidentes de tráfico. A xornada con máis incidentes foi a do sábado, con 20 sinistros.

A Coruña con 24 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana en Galicia; seguida de Pontevedra, con dez; Ourense, con sete; e Lugo, con cinco.

ACCIDENTE CASTRO DE REI

Por outra banda, unha persoa resultou ferida este luns nun accidente que tivo lugar no municipio lucense de Castro de Rei como consecuencia da colisión por alcance entre dous vehículos na estrada LU-113, segundo informaron a EFE fontes dos servizos de emerxencias.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...