InicioTerra CháBegontePiden un total de 80 anos de cadea para a banda que...

Piden un total de 80 anos de cadea para a banda que roubou en Begonte e Chantada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 80 de cárcere para sete acusados de pertencer a un grupo criminal que se dedicaba a asaltar vivendas en diferentes municipios de Galicia, algúns deles con antecedentes, e que serán xulgados este martes na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, o modus operandi deste grupo consistía en que, mentres un deles facía labores de vixilancia e tiña un vehículo preparado para a fuxida, outras persoas entraban nas vivendas, ben polas portas que non tiñan o ferrollo botado ou ben polas xanelas, e apoderábanse dos obxectos de valor (xoias, sobre todo) e do diñeiro que atopasen.

Os acusados fixaban a súa atención en vivendas apartadas, habitadas por persoas de avanzada idade, “facilmente engañables” para convencelas de entrar con algunha escusa, e que non poderían opor resistencia no caso de que houbese un enfrontamento.

Así, a Fiscalía atribúelles case unha vintena de asaltos en vivendas de Salvaterra (Pontevedra), Ponteareas (Pontevedra), A Cañiza (Pontevedra), Mondariz (Pontevedra), Mos (Pontevedra), Cotobade (Pontevedra), A Lama (Pontevedra), Meis (Pontevedra), Fene (A Coruña), Culleredo (A Coruña), Begonte (Lugo) e Chantada (Lugo), cometidos entre xullo e setembro de 2016.

Nese tempo lograron facerse con máis de 6.000 euros, xoias valoradas en miles de euros, unha tablet, unhas chaves ou unha cartilla bancaria. Por estes feitos, a Fiscalía acusa a sete persoas de varios delitos –roubo con forza, roubo con violencia, furto, violación de morada, etc.–, e pide para as procesados penas que van desde os 24 anos de cárcere ata os 3 anos de prisión.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...