InicioLugo e contornaLugoDe Lara: "Tiven que levar escolta, eu e a miña filla, e...

De Lara: “Tiven que levar escolta, eu e a miña filla, e sufrín presións de todo tipo”

A xuíza titular do Xulgado de Instrucción número un de Lugo, Pilar de Lara, rompe o seu silencio. "Poucos dos meus compañeiros aguantaron as presións que tiven que soportar". Ademais agarda que o recurso á sanción do Cosello Xeral vaia adiante e se paralice a súa sanción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. A titular do Xulgado de Instrución número un de Lugo, Pilar de Lara, rompeu este mércores o seu silencio. Unha vez transcendeu a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial contra ela por dilacións indebidas dixo que poucos compañeiros aguantaron as “presións” que ela si tivo que soportar”.

A maxistrada indicou aos medios de comunicación que agarda que o recurso presentado sirva para matizar tal penalización, que nos términos actuais implicaría unha perda de destino, dado que si o que se pretende “é priorizar ou axilizar as causas, cunha sanción dese tipo, pódese conseguir o efecto contrario”.

Recoñeceu que aínda non pode “realizar valoracións sobre algo cuxo contido exacto” descoñece, porque a sanción aínda non lle foi notificada, pero confía en que os seus argumentos sexan escoitados porque “moi poucos compañeiros” han ter que soportar “as presións de todo tipo” ás que se viu sometida durante “bastantes anos”. A xuíza fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas logo dun xuízo que se celebrou hoxe en Lugo polas ameazas que proferiron contra ela un empresario lucense e a súa nai.

“SANCIÓN DESPROPORCIONADA”

“É a primeira vez que me vexo nun asunto deste tipo, entón non sei si é normal que primeiro che chamen por teléfono. Eu recibín unha chamada de teléfono e, creo que foi simultáneo, cando se publicou nos medios de comunicación. O que non sei é si é normal que se tarde tanto en notificar, non teño nin idea”, apuntou a maxistrada sobre a resolución.

E, en relación co contido da sanción, eses sete meses e un día de suspensión, admitiu que si se sentiu sorprendida, porque a ve “un pouco desproporcionada”, aínda que tamén terciou que seguramente “estará fundamentada e, en virtude desa fundamentación, poderemos falar con máis criterio”. Sorprendeume sobre todo, como xa explicou o meu avogado tamén, porque o fiscal pide tres meses e a sanción é de sete meses e un día”, agregou, que “case soa a un término carcelario, sete meses e un día”.

“Non sei se é habitual, pero imos, a min si me sorprendeu”, insistiu a maxistrada, á que ademais lle chamou a atención a rapidez”, porque “facía moi pouquiño tempo” que a súa defensa presentara as alegacións e é “un expediente bastante complexo”. De feito, observou que “non é o mesmo que si a un xuíz lle quedan duascentas ou trescentas sentenzas pendentes”, o cal pode responder “a uns criterios máis obxectivos que este tipo de cuestións que se están suscitando”.

NON HAI MEDIOS

Porque falamos, detallou, de se determinados asuntos “son competencia do xuíz ou non son competencias do xuíz ou si hai atrasos, se poden ser xustificados ou non xustificados, ou se efectivamente puxéronse todos os medios a disposición do Xulgado”. “O que si podo dicir é que no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tiñan non un, nin dous, nin tres, senón varios escritos dando conta da situación de absoluta desesperación na que nos atopabamos todos, secretario, xuíz e persoal do xulgado, porque entendiamos que non se estaban poñendo os medios materiais suficientes”, engadiu.

Na mesma liña, a xuíza fixo fincapé en que “o escáner” que se reclamou por parte do seu xulgado con “bastante intensidade”, non chegou ata decembro do ano pasado, de modo que ata ese momento o Xulgado de Instrución Número 1 contaba con “os mesmos medios que os outros dous”, que “non teñen tantas macrocausas nin necesitan dixitalizar e escanear”. En canto aos medios persoais, “só puxeron un funcionario de reforzo dos catro que solicitaba o servizo de inspección” e houbo “problemas”, por baixas de traballadores que non se cubriron ou se cubriron tarde”.

“Unha funcionaria estivo de baixa ano e medio e a súa baixa non se cubriu, e outro funcionario, en comisión de servizos, tamén tardou seis ou oito meses en cubrirse”, aclarou De Lara, quen subscribiu que logo se cubriron “con persoal que tiña moita vontade para traballar”, aínda que non tiñan “nin a cualificación nin a experiencia profesional que é necesaria para este tipo de asuntos”. Por iso, asegurou que “chegou un momento” en que esa situación “excedeu” a capacidade do propio xulgado.

Máis dun centenar de persoas expresan o seu apoio á xuíza Pilar de Lara nunha

AMEAZADA

Segundo Pilar de Lara, no TSXG constan escritos dando conta desa circunstancia, así como “da situación de desasosego” que ela mesmo veu “sufrindo, non ao longo dun mes, senón de bastantes anos”. “Tiven que levar escolta, eu e a miña filla, durante dous anos. sufrín presións de todo tipo, a través de denuncias, queixas, insultos nun foro de gardas civís e ataques por parte dalgún investigado”, explicou.

“Ao meu marido puxéronlle pintadas. Eu por que teño que sufrir que ao meu marido lle poñan: “Roberto, marido da xuíza, paga as putas. Roberto putero. De Lara busca traballo para o seu marido”, enumerou, “eu non o teño que soportar como xuíz e o tiven que soportar”. “Nin como muller teño que soportar”, proseguiu De Lara, “que vinculen as miñas decisións xurisdiccionais coa ideoloxía que poida ter o meu marido. Ollo, é que a el lle gusta o peixe e ao meu gústame a carne. Iso paréceme completamente absurdo, pero ese tipo de comentarios viñéronse realizando”.

REVOGACIÓN DA SÚA SANCIÓN

A maxistrada expresou novamente a súa “confianza” en que o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial revogue a súa sanción. “O único que lles pido é que lean e que contrasten a documentación, moi extensa, porque é un expediente moi complexo, moi voluminoso e moi amplo, que pode ser susceptible de interpretacións”, reclamou.

Nese sentido, pediu que os responsables de analizar o seu caso “lean con detenimiento, contrasten si o que se está alegando, todo ou en parte, é verdade” ou “se houbo erros por parte do servizo de inspección”, porque desde o ano “2105, cando se alegou que había un expediente de seguimento aberto”, non foi “notificado ata o 2017”.

“Teño confianza en que cando se decidiu así é porque se motivou e considerouse que é así. Cousa distinta é a miña discrepancia”, matizou. “Estou segura de que a comisión disciplinaria resolveu en conciencia e vaino a motivar”, remarcou De Lara, quen tamén deixou claro que nin pode “afirmar” nin quere “pensar” que esta sanción busca apartala do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

“Estariamos falando de que puidesen existir outro tipo de factores e eu en absoluto creo iso. Creo que a Comisión Disciplinaria obrou de acordo coa súa conciencia e xurídicamente, diso non me cabe a mais mínima dúbida. O que pasa é que como é un expediente moi complexo e susceptible de interpretacións, hai discrepancias”, insistiu.

Ademais, afirmou que non cre que “ese sexa o obxectivo último”, porque aínda que o presidente do TSXG, Miguel Anxo Cadenas, dixo que “ninguén é imprescindible”, si que é “certo”, e “iso compréndeo calquera”, que “si agora viñese un xuíz novo” e tivese que facerse cargo das súas causas “íalle a levar bastante tempo”. Un “tempo extraordinario”, enfatizou. “E aínda que realmente podería facelo íanse a resentir as causas. Que iso sexa o buscado, non o creo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...