InicioLugo e contornaO barrio das Gándaras clama de novo contra os 'okupas'

O barrio das Gándaras clama de novo contra os ‘okupas’

Temen que aínda que xa só se atopan nunha vivenda, poidan volver ocupar algunhas das casas deshabitadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un grupo de veciños do barrio das Gándaras en Lugo volveu manifestarse este domingo en contra da presenza de okupas na zona e ante o temor de que, aínda que xa só se atopen nunha vivenda, poidan volver ocupar algunhas das casas deshabitadas.

A mobilización iniciouse á unha e cuarto da tarde, segundo explicou o presidente da Asociación de Veciños Gatos Roxos, Jaime Gueimunde. Tras saír da zona da igrexa e avanzar pola rúa Virxe dos Ollos Grandes, os veciños continuaron ata a zona de Virxe da Soidade, onde unha vivenda “segue ocupada”, aínda que “baleira”.

Gueimunde explicou que os ‘okupas’ xa non viven na casa, pero tapiaron as xanelas con placas de metal e o seu propietario lexítimo non pode acceder á vivenda, a pesar de ter “dúas sentenzas de execución, que aínda non se executaron”.

A casa está ocupada desde hai máis dun ano e os veciños temen que os anteriores ‘okupas’ poidan levar ao lugar a outros moradores, sen que o seu propietario chegue a poder acceder.

En todo caso, os veciños de momento deixarán en suspenso as súas mobilizacións e centrarán a atención no ámbito político, ao que reclaman cambios na actual lei para evitar estas situacións. “Enviaremos cartas aos distintos partidos políticos para que nos clarifiquen cal é a súa postura”, explicou.

No entanto, a preocupación entre os veciños mantense porque seguen “tendo medo” a que as casas que están desocupadas no barrio poidan volver ser ocupadas, porque pertencen a persoas de avanzada idade que xa non viven nelas ou aos seus herdeiros.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...