Lugo, unha das provincias máis envellecidas de Galicia

Rapaces nunha aula do colexio Paraixal do barrio de Teis, en Vigo, onde se lles ensina a valorar o galego | Miguel Núñez
Rapaces nunha aula do colexio Paraixal do barrio de Teis, en Vigo, onde se lles ensina a valorar o galego | Miguel Núñez

Só Burela, na Mariña lucense, ten máis poboación menor de 20 anos que maior de 65. Un oasis en medio dunha provincia que camiña, irremediablemente, cara o envellecemento.

17,64% dos burelaos son menores de 20 anos, unha cifra case calcada, aínda que lixeiramente superior, á porcentaxe de habitantes con 65 anos ou máis, do 17,40%. Burela, segundo informou o IGE en febreiro, é tamén o único municipio da provincia con saldo vexetativo positivo, é dicir, cun maior número de nacementos ca de mortes.

No global, a poboación moza da Mariña Lucense supón o 11,85% do total, unha cifra sensiblemente inferior ao promedio de Galicia, que se sitúa no 15,92%, e mesmo ao da provincia, do 13,50%. Podes coñecer todos os datos no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here