InicioSociedadeO norte de Lugo volve librar da segunda gran onda de calor...

O norte de Lugo volve librar da segunda gran onda de calor do verán

Ourense rozará os 40º.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 34 provincias estarán este luns en aviso laranxa (risco importante) e aviso amarelo (risco) por calor mentres que outro tres terán aviso por choivas e treboadas, segundo o prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Entre elas, Ourense, mentres que a Mariña volverá esquivar a onda de calor.

As provincias que esta xornada terán risco importante por temperaturas máximas serán Córdoba, Xaén, Sevilla, Badaxoz, Cáceres, Salamanca, Ávila, Toledo, Ourense por valores próximos aos 40ºC que, no caso de Estremadura, alcanzarán os 42ºC.

Polo xeral, o AEMET prevé que haxa intervalos nubrados en Asturias e o norte de Galicia, sen descartar algunha choiva débil no norte de Lugo. Os ceos serán pouco nubrado ou despexado no resto, pero con algunhas nubes baixas, sobre todo pola mañá, no Cantábrico oriental, o norte de Canarias e o litoral sur de Alborán.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...