InicioSociedadeSeguen en ascenso os casos covid na provincia de Lugo

Seguen en ascenso os casos covid na provincia de Lugo

Xa son case 1.400 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 ascenden nas sete áreas sanitarias galegas e alcanzan os 11.954 no conxunto de Galicia que supoñen 926 máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 1.447 contagios. Pola súa banda, os hospitalizados por este coronavirus descenden a 491, que implican dous menos, mentres que a taxa de positividade aumenta a un 55%.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, aumentan a 20 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –tres máis– e baixan a 471 os hospitalizados noutras unidades –cinco menos–, mentres que 11.463 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o xoves 16 de xuño, había 448 ingresados, 17 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a de Lugo destaca como a única de Galicia na actualidade sen ingresados pola Covid-19 en UCI –a xornada anterior había un paciente–, mentres que rexistra 54 hospitalizados noutras unidades –catro máis–.

CASOS EN ASCENSO

Por segunda xornada consecutiva ascenden os casos activos ata rozar os 12.000 ao situarse en 11.954, que representan 926 máis que a xornada anterior ao haber máis contagios (1.447) que altas (519), ao que se engaden dous falecementos. O xoves 16 de xuño había 10.156 infeccións activas. O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas con Lugo (+81) e Ourense (+80) que crece ata  os 1.394 casos activos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...