Galicia rexistra 9.536 casos activos, con especial incidencia nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo, segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores. Mentres, a taxa de positividade aumenta ao 28,4%.
Por áreas sanitarias, 1.018 corresponden á de Lugo-Mariña-Monforte que ten 32 hospitalizados, un deles na UCI.
Os casos activos en relación á xornada anterior rexistran un incremento ao pasar de 9.224 a 9.539 –315 máis– tras detectarse outros 875 contaxios. O número de contaxiados desde o inicio da pandemia elévase a 613.546 e o de curados a 600.588. De acordo cos datos do Sergas, do total de pacientes positivos 18 están en UCI; 539 en unidades de hospitalización e 8.991 en domicilio.