InicioSociedadeExtinguido o incendio de Begonte tras queimar 39 hectáreas

Extinguido o incendio de Begonte tras queimar 39 hectáreas

Na zona traballaron cinco axentes, 11 brigadas, oito motobombas, seis helicópteros e dous avións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio forestal declarado este pasado luns no termo municipal de Begonte quedou extinguido tras queimar 39 hectáreas de superficie arboredo.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 14,29 horas do luns na parroquia de Gaibor, en Begonte, e quedou sufocado ás 1,02 horas deste martes.

As últimas estimacións apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada por este lume forestal en 39 hectáreas arboredos.

Na extinción deste incendio traballaron cinco axentes, 11 brigadas, oito motobombas, seis helicópteros e dous avións.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...