InicioEconomíaO Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo obrigado a pagar a un...

O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo obrigado a pagar a un traballador a antigüidade desde o ano 2011

A sentenza, firme, determina que son de aplicación as condicións do convenio de orixe, que neste caso fixaba trienios a razón de 36 euros mensuais, así como que se deben respectar esas condicións máis beneficiosas xa que entende que houbo unha subrogación e non unha contratación nova.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do Social número 1 de Lugo condenou ao Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo a pagar a un traballador a antigüidade e os trienios xerados desde o inicio da relación laboral, neste caso desde o ano 2011.

A sentenza foi difundida pola CIG, que informa de que o traballador empezou a prestar servizos como bombeiro condutor no parque de Vilalba en 2011, polo que cumpriría tres trienios en 2020, pero como en 2019 este servizo pasou a ser de xestión directa polo Consorcio, aínda que a administración respéctalle o complemento de antigüidade que percibía na empresa Veicar, entende que non lle ten que abonar outro trienio ata que cumpra o tres anos dentro do Consorcio, é dicir, ata 2022.

A sentenza, firme, determina que son de aplicación as condicións do convenio de orixe, que neste caso fixaba trienios a razón de 36 euros mensuais, así como que se deben respectar esas condicións máis beneficiosas xa que entende que houbo unha subrogación e non unha contratación nova.

Actualmente a taxa do trienio é de 37,72 euros coas actualizacións do IPC, polo que se condena o Consorcio Provincial a pagar as diferenzas salariais desde que o bombeiro cumpriu o terceiro trienio no ano 2020.

A postura defendida polo ente público, remarca a CIG, obriga aos traballadores a ter que reclamar os seus dereitos en vía xudicial de forma individual.

Por iso, a organización sindical instou ás partes a unha negociación inmediata dun convenio que unifique as condicións laborais, pois outras sentenzas previas fallaron no sentido contrario.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...