InicioSociedadeTecnoloxía "made in Lugo" para loitar contra a Covid

Tecnoloxía “made in Lugo” para loitar contra a Covid

Un consorcio galego impulsa unha nova proba diagnóstica da Covid con nanotecnoloxía, entre eles, os laboratorios lucenses AMSlab e AMSbiopharma

PUBLICADA O

Nanotecnoloxía na loita contra a Covid e con investigadores galegos. Ese é o obxectivo do proxecto Detección rápida e automatizable para SARS-Cov-2 baseada en PCR, nanotecnoloxía e microfluídica (NANOFLUIDETEC) que investiga para o desenvolvemento dun sistema de detección de SARS-CoV-2, o virus que provoca a enfermidade COVID-19. Faino utilizando técnicas moleculares e integrando a nanotecnoloxía e microfluídica coa automatización e potencial conectividad para a súa comunicación.
O consorcio que dá vida a este proxecto está formado polos laboratorios lucenses AMSlab e AMSbiopharma; pola biotech Bflow, con sede en Santiago de Compostela, e polo Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O sistema a desenvolver, que consiste nun dispositivo eficaz compatible con métodos de diagnóstico de baixo custo, pretende ser facilmente adaptable e que esta flexibilidade permita aumentar a capacidade de resposta diagnóstica en futuras pandemias ou outras enfermidades de diagnóstico común.
“A iniciativa pretende, por tanto, a mellora dos actuais sistemas de detección baseados en PCR, tanto en rapidez, como en fiabilidade e complexidade técnica. O dispositivo final estaría pensado para o seu uso en centros de atención primaria, asistenciais ou residencias”, sinalan os impulsores nun comunicado.
Point-of-care-testing (POCT) é un tipo de probas diagnósticas que ofrecen un resultado en poucos minutos, sen necesidade de enviar a mostra a un laboratorio. É unha tecnoloxía similar á dos sistemas domésticos para controlar a glicosa que empregan os diabéticos nos seus domicilios ou aos aparellos utilizados para medir o índice de coagulación do sangue, sen necesidade de facer unha extracción en vea, das persoas que están medicadas con Sintrom.
O proxecto NANOFLUIDETEC está baseado en desenvolvementos científicos anteriores e actuais do consorcio para obter un sistema que permita a detección do material xenético do SARS-CoV-2 en individuos sospeitosos de COVID-19 para simplificar o tedioso proceso de extracción do virus SARS-COV-2.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...