O Sergas informa de catro mortos con Covid en Lugo na última semana

En Galicia foron un total de 12 os falecidos.

Persoal de enfermería nunha Uci | EP
O Sergas comunicou o falecemento de 12 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus desde o pasado 16 de xaneiro ata o día 23, catro deles na provincia de Lugo.
Así, o día 16 de xaneiro morreu un home de 89 anos, no seu domicilio do Concello de Ribas de Sil (Lugo). Xa o día 21 foron tres mulleres as falecidas; unha de 95 anos, no Hospital da Mariña que procedía da Residencia O Valadouro, outra de 85 anos, no Hospital da Mariña, e outra de 99 anos, no seu domicilio no Concello de Lugo.
Segundo o sergas, todos tiñan patoloxías previas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here