InicioSociedadeDous falecidos no Hula por Covid, un deles de 46 anos

Dous falecidos no Hula por Covid, un deles de 46 anos

En Galicia morreron 14 persoas nos últimos días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As autoridades sanitarias comunicaron este mércores a morte de 14 persoas diagnosticadas con covid-19 que permanecían ingresadas en hospitais galegos. Con estas, Galicia acumula xa un total de 2.800 mortes asociadas á pandemia de covid-19 desde marzo de 2020. As 14 últimas vítimas mortais coñecidas en Galicia tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.

Dous dos falecementos notificados este xoves producíronse na xornada do luns 3 de xaneiro. Trátase de dous homes, de 86 e 68 anos, que se atopaban ingresados no CHUS e o CHUVI, respectivamente.

O groso das mortes comunicadas por Sanidade corresponden ao pasado martes, día no que morreron dez persoas diagnosticadas con covid. Unha delas, un home ingresado no HULA, tiña 46 anos.

Catro dos falecementos desa xornada rexistráronse no CHUO (tres mulleres, dúas de 79 anos e unha de 98; e un home de 74), mentres que o resto foron de pacientes do CHUS (un home de 88 anos), o CHUF (un home de 67), do hospital de Valdeorras (un home de 90), o do Salnés (outro home de 69 anos) e o de Verín (unha muller de 92).

Os últimos dous decesos trasladados polas autoridades sanitarias son deste mércores 5 de xaneiro: dúas mulleres de 78 e 93 ingresadas no CHUVI e o HULA, respectivamente.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...