InicioA UlloaLugo rexistra 200 novos casos Covid nun día con Galicia con marcas...

Lugo rexistra 200 novos casos Covid nun día con Galicia con marcas históricas de contaxiados

Os novos casos son xa máis de 1.300, case 500 máis que hai unha semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia superou nas últimas horas a súa marca de contaxios diarios de Covid, ao detectarse 2.263 casos novos, unha cifra inédita desde o inicio da pandemia, aínda que a presión hospitalaria contense, cunha lixeira subida de pacientes en UCI, e un leve descenso de ingresados en camas convencionais.

Segundo os datos feitos públicos este xoves pola Consellería de Sannidade (con información recollida ata as 18,00 horas deste mércores) nas últimas horas detectáronse en Galicia 2.263 casos positivos de Covid, o que eleva a cifra total de persoas coa enfermidade activa a 18.664 casos.

Estas cifras de contaxios supera os picos alcanzados en xaneiro deste ano, aínda que é certo que, naquel momento, aínda que o número de casos activos era similar ao de agora, a presión hospitalaria era moito maior. Os novos contaxios incrementáronse en todas as áreas sanitarias. Así, na área de Lugo, Monforte e A Mariña detectáronse 200 contaxios e os casos activos soben a 1.319 (166 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, na xornada deste xoves Sanidade informou de que hai 273 persoas ingresadas, 50 delas en Unidades de Coidados Intensivos (catro máis que hai un día) e 223 en camas convencionais (cinco menos). Por áreas, na de Lugo hai 3 pacientes críticos e 12 en ‘planta’ (un máis).

PROBAS

Segundo informou Sanidade, a taxa de positividade das probas PCR (o número de casos positivos por cada cen probas realizadas) situouse no 14,1 %, lonxe do 5 % que establece a OMS como limiar para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...