InicioSociedadeA neve obriga a circular con precaución por vías da montaña de...

A neve obriga a circular con precaución por vías da montaña de Lugo

Na A-6 a circulación é "irregular" por nevadas desde o quilómetro 438, nas Nogais, ata o quilómetro 431, en Pedrafita do Cebreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A DXT emitiu avisos na xornada deste domingo para circular con precaución por vías da montaña de Lugo debido ás nevadas existentes.

En concreto, na A-6 avisa esta tarde de sábado de circulación “irregular” por nevadas desde o quilómetro 438, nas Nogais, ata o quilómetro 431, en Pedrafita do Cebreiro. Así, é transitable con precaución, pero está prohibido o paso de camións e articulados.

Tamén avisa de circulación condicionada na estrada N-V á altura de Pedrafita do Cebreiro, entre os quilómetros 432,1 e 433,8. Ademais, na LU-633 está prohibida a circulación de camións e vehículos articulados entre os quilómetros 0,0 e 18,0, en Pedrafita do Cebreiro.

A montaña das provincias de Lugo e Ourense atópanse este domingo en alerta por nevadas, segundo informa Meteogalicia.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...