InicioA UlloaCoñeces os festivos locais de Lugo en 2022?

Coñeces os festivos locais de Lugo en 2022?

Ademais haberá dous festivos autonómicos que cambian de día por caer en domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Direción Xeral de Relacións Laborais pola que se dá publicidade aos días festivos de carácter local para 2022, no marco do calendario laboral para o ano que vén, e a maioría de municipios optaron por designar como non laborable o 1 de marzo, Martes de Entroido.

A normativa estatal fixa para o ano próximo 14 festivos non recuperables, remunerados e obrigatorios, dos que 2 son elixidos por cada municipio. A Dirección Xeral lembra na súa resolución que, en virtude do establecido no Estatuto dos Traballadores, o calendario laboral debe exporse nun lugar visible de cada centro de traballo para coñecemento e consulta dos empregados e empregadas.

Segundo publica o DOG este luns, a maior parte de municipios galegos optou por fixar como non laborable o 1 de marzo, Martes de Entroido, ademais dun segundo día, normalmente por festas patronais especificamente locais.

Na provincia de Lugo, o súa capital terá como festivos o 1 de marzo e o 5 de outubro (San Froilán); en Monforte serán festivos o 19 de abril (Martes de Pascua) e o 13 de xuño (San Antonio); en Viveiro, o 1 de marzo e o 16 de agosto; e en Vilalba, o 31 de agosto (San Ramón) e o 1 de setembro (Santa María).

Ademais dos festivos locais, os galegos teñen outras dúas festividades no seu calendario laboral de 2022, neste caso de carácter autonómico: o Días das Letras Galegas (ao coincidir en domingo o 1 de maio) e o día de San Xoán, 24 de xuño (ao coincidir en domingo o 25 de decembro).

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...