InicioSociedadeLugo incrementa o número de hospitalizados pola Covid

Lugo incrementa o número de hospitalizados pola Covid

Hai un máis na UCI e outro máis noutras unidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia comeza a semana na que está previsto que salga da emerxencia sanitaria pola Covid-19 con 21 novos contaxios –cinco menos que a xornada anterior– e 36 pacientes ingresados –un máis–, mentres que os casos activos descenden a 431 –doce menos– e a taxa de positividade mantense nun 0,51 por cento.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI aumentan a nove –unha máis– e seguen 27 ingresados noutras unidades, mentres que 395 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria soamente aumenta na de Lugo, que conta con tres ingresados pola Covid en UCI –un máis– e dous noutras unidades –un máis–.

CASOS EN DESCENSO

Esta semana comeza cos casos activos de Covid-19 de novo en descenso, e sitúanse en 431, ao haber máis altas (33) que contaxios (21), o que supón 12 menos que a xornada anterior. Na área de Lugo houbo un caso menos, plo que a situación na provincia queda con 44 contaxiados activos.

BAIXAN OS NOVOS CONTAXIOS

Tamén esta semana comeza cun descenso dos contaxios con respecto ao peche do fin de semana con 21, que implican cinco menos que os 26 deste domingo e sete por baixo dos 28 do sábado. O luns pasado rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Estes 21 novos positivos foron confirmados nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Deles, catro na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...