InicioSociedadeSeguen baixando os casos covid na provincia aínda que hai dúas persoas...

Seguen baixando os casos covid na provincia aínda que hai dúas persoas na UCI

Nas últimas 24 horas tan só houbo oito contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca a última semana do mes de setembro con 33 novos contaxios de Covid-19 e os casos activos en descenso, ata situarse nos 1.207, mentres que os hospitalizados por este coronavirus mantéñense en 58 e a taxa de positividade segue nun un por cento.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, con rexistros ata as 18,00 do domingo, permanecen 17 persoas ingresadas en unidades de coidados intensivos e seguen 41 noutras unidades de hospitalización, mentres que 1.149 pacientes atópanse en seguimento domiciliario.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense sen cambios en cinco das sete. Así, a área de Lugo mantén dúas persoas en UCI pola Covid-19 e sete noutras unidades.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en descenso no conxunto de Galicia e sitúanse en 1.207, o que implica 103 menos que os da xornada anterior, ao haber máis altas (136) que contaxios (33), e non sumarse novas vítimas mortais. As infeccións activas baixaron nas sete áreas sanitarias galegas, con 15 casos menos na de Lugo que queda con 225 contaxiados activos.

NOVOS CONTAXIOS

A Comunidade galega comeza esta semana con 33 novos contaxios de Covid-19, o que supón dous máis que os 31 rexistrados este domingo, polo que seguen por baixo do medio centenar, tras os 58 do sábado. Destes novos casos, confirmados con probas diagnósticas nas últimas 24 horas, oito corresponden á área de Lugo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...