InicioSociedadeReunión entre a alcaldesa de Lugo e os feirantes que piden instalarse...

Reunión entre a alcaldesa de Lugo e os feirantes que piden instalarse durante o San Froilán

Segundo informa o Consistorio, este encontro prodúcese a instancias das peticións do sector na procura de solucións para que poidan instalarse no San Froilán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, mantivo este venres unha reunión no Concello cos representantes dos feirantes que piden poder instalarse en Lugo durante o San Froilán, á que acudiu acompañada polo tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno local, Miguel Fernández.

Segundo informa o Consistorio, este encontro prodúcese a instancias das peticións do sector na procura de solucións para que poidan instalarse no San Froilán.

Non en balde, o Consistorio lembra que Méndez manifestou desde o “primeiro momento” a vontade era que se puidese “compatibilizar a necesidade que teñen de retomar a súa actividade e a dinamización económica do municipio coa seguridade e a saúde pública”, a súa “principal” preocupación.

Así, a alcaldesa lucense referiu que o encontro, que se desenvolveu en “un clima cordial e de entendemento”, posibilitou o intercambio de pareceres entre as expectativas dos empresarios e as restricións de aforamento que impón a normativa autonómica.

Todo iso, en palabras de Méndez, “tratando de buscar alternativas que concilien o seu dereito a traballar cos medios e as dotacións das que dispoñen as administracións para velar porque isto suceda sen contravenir os protocolos covid en vigor e con totais garantías para a poboación”.

A rexedora avanzou que o goberno local analizará as propostas do colectivo “co obxectivo de, como se fixo noutras ocasións, como puido ser este pasado fin de semana no Caudal Fest, durante Árdeo Lucus ou coa celebración de numerosas probas deportivas na cidade”, ir recuperando a normalidade “que tan necesaria é para a recuperación dos concellos desde o punto de vista económico pero tamén social”.

“Unha meta na que fai falta traballar sempre, sempre, sempre con responsabilidade e na que o diálogo debe ser a ferramenta na que se apoie a nosa capacidade de xestión”, concluíu.

“DESAUTORIZACIÓN” AO BNG

Tras este encontro, o Grupo Municipal do PP emitiu un comunicado no que interpreta a reunión da alcaldesa socialista cos feirantes e propietarios de barracas como unha “desautorización en toda regra ao BNG”.

“Isto é o principio do fin dun matrimonio de conveniencia”, afirmou Ramón Carballo, portavoz popular, quen celebrou que “por fin” a alcaldesa “saíse do seu letargo e se poña á fronte do concello, xa que leva días desaparecida”.

Carballo asegurou que, “coa reunión deste venres, demóstrase que Lara Méndez si quere as barracas, pero que a xestión independente das áreas do Concello de Lugo, repartidas no pacto de goberno co BNG, impedíalle pronunciarse”.

“Esperemos que non sexa xa demasiado tarde e que os lucenses non teñamos, unha vez máis, que sufrir as consecuencias dun goberno bipartito cunha alcaldesa secuestrada polo seu socio nacionalista”, resolveu.

ÚLTIMAS

Controlado o incendio da Fonsagrada, que afecta a 65 hectáreas

Un incendio permanece activo no concello lugués da Fonsagrada, onde ata o momento arderon un...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...