InicioSociedadeSoben lixeiramente os novos contaxios da Covid pero descenden os casos activos

Soben lixeiramente os novos contaxios da Covid pero descenden os casos activos

Hai tres pacientes en UCI e 17 en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 sitúanse por baixo dos 3.000 ao descender a 2.764 en Galicia e os hospitalizados por este coronavirus baixan a 119 –quince menos–, mentres que os novos contaxios ascenden lixeiramente a 115.

Así se extrae dos datos feitos públicos polo Sergas este xoves –con rexistros ata as 18,00 horas do mércores–, nos que se indica que hai 31 persoas en UCI pola Covid-19 –catro menos– e 88 noutras unidades –once menos–, mentres que 2.645 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.Por áreas sanitarias a presión hospitalaria manténse en Lugo, onde hai tres pacientes en UCI e 17 en planta.

En canto aos casos activos, sitúanse por baixo dos 3.000 ao baixar a 2.764, que supoñen 246 menos que os rexistrados o día anterior. Descenden nas sete áreas sanitarias. En Lugo, con 47 menos e queda con 525 totais.

NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 aumentan lixeiramente a 115 no conxunto de Galicia, tres máis que os 112 rexistrados na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse por probas diagnósticas (PDIA) 117 positivos, deles, 18 na de Lugo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...