InicioSociedadeVolven baixar os casos Covid na provincia tras a suba do luns

Volven baixar os casos Covid na provincia tras a suba do luns

Os pacientes en UCI mantéñense igual, con tres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de contaxios diarios de covid-19 en Galicia volveu a descender nas últimas horas ata situarse por baixo do centenar por segundo día consecutivo. Ademais, continúan á baixa tanto os casos activos da enfermidade, a 3.249, como os pacientes que requiren hospitalización, ata os 149.

Así, segundo os datos feitos públicos este martes polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do luns), nas últimas 24 horas computadas rexistráronse 75 novas infeccións por coronavirus a través de todo tipo de probas, que supón 14 menos que que os notificados na xornada anterior.

Esta cifra reduciuse en catro das sete áreas sanitarias, entre elas, a de Lugo-A Mariña-Monforte, que notificou 10 positivos novos (17 menos que o día previo). De feito, o número de casos activos baixa a 629, 38 menos que hai un día.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á ocupación de camas en hospitais galegos, esa presión asistencial reduciuse, a pesar do aumento notificado por Sanidade este luns. Así, o último balance do Sergas tira unha cifra de 37 persoas en unidades de coidados intensivos –nove menos que hai un día– e 112 en planta –catro menos–. Non hai cambios na área de Lugo, con tres pacientes en UCI.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...