InicioSociedadeSeguen baixando os casos Covid na provincia, aínda que é a segunda...

Seguen baixando os casos Covid na provincia, aínda que é a segunda área sanitaria con máis contaxiados

Hai 1.402 casos covid (35 menos que un día antes).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este mércores pola Consellería de Sanidade reflicten que continúa a evolución positiva da pandemia en Galicia, posto que melloran todos os indicadores. Aínda que os novos contagios repuntan lixeiramente e exceden os 300, a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) continúa sendo inferior ao límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, as infeccións activas continúan á baixa, con 210 negativos máis nas últimas 24 horas, e a presión hospitalaria prosegue na liña de alivio que viña marcando nos últimos días, con 16 pacientes menos ingresados por covid nos hospitais galegos.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do martes), nas últimas 24 horas rexistráronse 329 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 269 notificados un día antes. Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 74 novos contaxios na área de Lugo.

Os casos activos descenden en todas as áreas, excepto a de Ourense, que experimenta un lixeiro incremento con 20 infeccións activas máis (695 en total).Deste xeito, A Coruña continúa á cabeza da relación de casos activos, con 1.993 (90 menos); seguida pola área de Lugo, con 1.402 casos (35 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 52 pacientes en UCI (tres menos que nas últimas 24 horas) e 156 hospitalizados en unidades convencionais (13 menos). Por áreas, baixa en cinco das sete zonas sanitarias. Na área de Lugo, mantéñense catro hospitalizados en coidados intensivos (sen cambios), pero baixan as camas ocupadas en planta (-5), co que quedan con 23 pacientes nestas unidades.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...