InicioSociedadeBaixan case á metade os contaxiados na residencia de As Gándares

Baixan case á metade os contaxiados na residencia de As Gándares

Chegou a ter 77 contaxiados. Agora ten 39.

PUBLICADA O

- Advertisement -

número de casos de Covid nas residencias de maiores baixou nas últimas horas de 109 a 77, tras recibir o alta 33 usuarios do centro As Gándaras de Lugo e notificarse un novo positivo, o dun usuario de DomusVi Coruña (Oleiros).

Deste xeito, redúcese case na metade o número de contaxiados por Covid nas Gándaras, a maior residencia de maiores da provincia de Lugo, que chegou a ter 72 casos positivos da enfermidade.

Así, neste centro quedan 39 residentes con Covid, mentres que hai outros 20 na residencia García Irmáns de Betanzos. Por outra banda, quedan 11 casos na residencia San Vitorio de Baralla, 4 en Santa Marta de Vigo, un na residencia de Ribadeo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, e un en DomusVi Coruña (Oleiros).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, tamén se rexistrou un descenso notable no número de persoas contaxiadas, xa que recibiron o alta epidemiolóxica 36 usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela.

Deste xeito, no centro redondelano pasouse de 48 a 12 casos; mentres que segue habendo 2 usuarios contaxiados por Covid no Fogar e Clínica San Rafael.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...