InicioSociedadeLugo xa vai camiño dos 1.400 contaxios con Covid

Lugo xa vai camiño dos 1.400 contaxios con Covid

Xa hai un paciente na unidade de críticos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia experimentou unha nova repunta dos contaxios de Covid-19 con 1.483 máis, que supoñen 391 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos roldan os 14.000 e a taxa de positividade dispárase a un 14%. Polo seu lado, os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben lixeiramente a 175, un máis.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do mércores, recollidos por Europa Press, na área de Lugo, aínda que hai un paciente en UCI –a xornada pasada non había ningún–, descenden a 14 os doutras unidades convencionais –un menos–.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Unha xornada máis, que suman 29 consecutivas, os casos activos aumentan e sitúanse en 13.963, que constitúen 1.074 máis que o día pasado, ao haber máis contaxios (1.483) que altas (409). Con respecto a fai sete días, as infeccións activas supoñen algo menos do dobre, posto que o pasado xoves 15 de xullo había 7.208 no conxunto de Galicia.

Por áreas sanitarias, os casos activos increméntanse en Lugo, con 123 novos casos co que a provincia pasa a ter 1.364.

CONTAXIOS DISPARADOS

Os novos contaxios de Covid-19 volvéronse a disparar ao sumar 1.483 no conxunto de Galicia, que supoñen 391 máis que a xornada anterior, e acumulan tres días seguidos por encima do milleiro tras arrincar esta semana con 975.

En toda Galicia foron confirmados 1.451 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 300 máis que o día anterior, dos cales 165 corresponden a Lugo.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...