InicioSociedadeA Deputación de Lugo realizará un cribado tras o positivo do cineasta...

A Deputación de Lugo realizará un cribado tras o positivo do cineasta Óliver Laxe

Aprazaranse as Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural "O que non arde" e a VI Reunión de Primavera

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo de Prevención da Deputación de Lugo avanzou que realizará un cribado ás persoas que o pasado martes estiveron en contacto co cineasta Óliver Laxe, positivo en Covid-19, con motivo dun acto.

En concreto, están citadas oito persoas para o vindeiro luns para a realización das probas, que se formulan “para extremar as precaucións” e aplicando o seu protocolo de actuación que complementa o do Sergas.

Así mesmo, aprazaranse as Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural “O que non arde” e a VI Reunión de Primavera, previstas en Navia de Suarna entre o 25 e o 27 de xuño, á espera de que se comuniquen os resultados das probas aos contactos directos.

ÚLTIMAS

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...

Lugo duplica a compra venda de vivendas

A compravenda de vivendas en Galicia subiu un 38,4% o pasado febreiro, en comparación co...