InicioSociedadeComezan as obras de rehabilitación da igrexa de San Xiao en Palas...

Comezan as obras de rehabilitación da igrexa de San Xiao en Palas de Rei

"Falar de Palas de Rei é falar do Camiño de Santiago e hoxe estamos en Palas para poñer en valor o Camiño e subliñar o compromiso do Goberno de España co Camiño e co Xacobeo", destacou Miñones.

PUBLICADA O

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, erixiu este xoves a rehabilitación da contorna de San Xiao do Camiño, en Palas de Rei, en exemplo do compromiso do Executivo estatal co Xacobeo.
Así o expresou durante a supervisión da iniciativa que financia o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, un acto do que informou a Delegación nun comunicado e o que tamén participou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o alcalde, Pablo Taboada; e o portavoz da oposición, Horario Rouco.
José Miñones supervisou o inicio das obras na contorna da igrexa de San Xiao do Camiño. O obxectivo destas é recuperar o valor arquitectónico deste núcleo. Cun investimento de 323.525 euros, a actuación inclúe o tratamento dos arredores da igrexa e das marxes do Camiño ao seu paso por este núcleo, ademais dos tramos do Roteiro Xacobeo na entrada e saída da localidade. As actuacións completaranse nun prazo de seis meses.
Falar de Palas de Rei é falar do Camiño de Santiago e hoxe estamos en Palas para poñer en valor o Camiño e subliñar o compromiso do Goberno de España co Camiño e co Xacobeo”, destacou Miñones. A obra forma parte das intervencións de interese cultural nos concellos das provincias de Lugo e A Coruña que teñen tramos do Camiño Francés: O Pino, Arzua, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, Monterroso e Pedrafita de Cebreiro. O investimento total desde o ano 2016 ascende a 4.933.246 euros.
O delegado do Goberno destacou o traballo do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, polo Xacobeo e polas infraestruturas de Galicia que, segundo indicou, queda patente en actuacións como a supervisada este xoves.
Tamén citou ao ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, polo primeiro ‘escape room’ do Camiño, que está aberto desde hai unhas semanas en Palas de Rei. Ademais, está prevista a inauguración doutro similar en próximas datas en Sarria, tamén na provincia de Lugo.
“O compromiso de Goberno de España co Camiño e co Xacobeo é firme e pódese ver en concellos como Palas, en cidades como Santiago onde a Catedral e a súa escalinata loce con todo esplendor, e tamén como fixemos esta mañá no Obradoiro coa directora xeral da Garda Civil, coa seguridade no Camiño”, engadiu o delegado.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...