InicioSociedade"Foi un alivio ficticio"... o HULA estivo sen pacientes de Covid-19 na...

“Foi un alivio ficticio”… o HULA estivo sen pacientes de Covid-19 na UCI durante 24 horas

A xefa da UCI, Ana Ferreiro, destaca que "iso non se acabou" e alerta de que os pacientes que ingresan agora son "novos", de entre 40 e 60 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) estivo durante aproximadamente 24 horas sen ningún paciente de Covid-19 ingresado, por primeira vez en meses, aínda que este xoves xa ten a dúas persoas internadas como consecuencia da pandemia.

En declaracións a EFE, a xefa da UCI, Ana Ferreiro, dixo que os traballadores desta unidade estaban “superentusiasmados”, porque “hai dous días, ao chegar á UCI pola mañá non había ningún paciente de Covid”. “Foi un alivio ficticio”, lamentou Ferreiro, que “durou moi pouco tempo, porque nas últimas horas ingresaron dous pacientes de Covid e, ademais, xente nova”.

“Isto vai ser así, isto non se acabou”, lembrou, aínda que no servizo levan un tempo “máis tranquilos, despois da terceira onda da pandemia, que foi un auténtico tsunami, con tres ou catro ingresos por noite”, indicou.

“Agora xa non temos a persoas maiores. As persoas que ingresan son novas”, porque as persoas de maior idade xa están vacinadas e iso nótase en canto á gravidade dos síntomas da porcentaxe mínima que se infecta a pesar de ser inmunizado, porque “non chegan a ingresa”, precisou.  De feito, incidiu na necesidade de seguir avanzando na campaña de vacinación, porque a maior parte dos contaxios está a producirse “na franxa de idade de 40 a 60 anos”.

ÚLTIMAS

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...