InicioSociedadeSoben os casos activos da Covid na provincia

Soben os casos activos da Covid na provincia

Hai 3 novos casos activos e 18 novos contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos da pandemia en Galicia este sábado mantéñense nos valores rexistrados na última semana, con lixeiros descensos tanto no número de novos contaxios detectados (191), como no total de persoas hospitalizadas (210, catro menos) e no global de casos activos (3.099, 14 menos); aínda que a nota negativa é que hai un paciente máis que na xornada anterior na UCI (50) e o número de vítimas mortais alcanza xa as 2.390.

Así se desprende da actualización dos parámetros da crise sanitaria publicados na páxina web do Sergas na mañá deste sábado con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, momento no que o total de hospitalizados con covid-19 ascendía a 210 (-4), repartidos entre a UCI –50, máis un– e as unidades convencionais –160, menos cinco–.

Por áreas sanitarias,a que ten menos ingresados continúa sendo a de Lugo, que mantén a 19 pacientes con covid hospitalizados –15 en planta e catro en UCI, sen cambios en ambos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, Galicia mantén a baixada do número total experimentada o venres tras varias xornadas de ascenso paulatino. Así, este sábado son 14 menos os casos activos na comunidade, que se sitúan en 3.099. Con todo, soben en Lugo onde hai 3 novos contaxiados. Deste xeito, a área de Lugo ten agora 239 pacientes covid.

18 NOVOS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba situáronse por baixo dos 200 tras dous días por encima dese valor.  En Lugo foron 18 os novos casos detectados e en Ferrol, 11.

Todo iso nunha xornada cunha das taxas de positividade en probas PCR máis baixas desde finais do mes de xullo. O 1,1% (dato provisional) de positivos nos máis de 9.000 test PCR practicados mantén a Galicia moi por baixo do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, un baremo que a Comunidade galega non supera desde medidados de febreiro.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...