InicioSociedadeDenuncian as "bestiais carencias" de servizos sanitarios para as crianzas do rural

Denuncian as “bestiais carencias” de servizos sanitarios para as crianzas do rural

A falta de pediatras ou as citas médicas para embarazadas a unha hora de camiño evidencian a "aberrante" insuficiencia de recursos nas zonas non urbanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As loitas pola recuperación dunha sanidade pública presencial e polo “emprego de calidade” para os profesionais sanitarios están resoando en toda Galicia. Dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, conformada por un grupo de nais e pais “en defensa da sanidade pública de calidade para as crianzas e as mulleres embarazadas en Galicia”, poñen o foco en concreto no “desleixo” da administración pública á hora de atender estes dous colectivos vulnerables, onde é “aberrante” a falta de servizos.

Un “desleixo” que provoca que “as crianzas dun pobo non teñan pediatra e sexan atendidas polo médico de familia, que como moito, fixo un curso de puericultura; ou que as mulleres embarazadas teñan que ser atendidas en hospitais de referencia que poden estar a unha hora de camiño”, explica ao teléfono a portavoz da asociación, Vanessa Viquendi.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...