InicioSociedadeProban un novo sistema para conter a fauna salvaxe nun tramo do...

Proban un novo sistema para conter a fauna salvaxe nun tramo do corredor Lugo-Monforte

Instalaranse valados de malla ao longo de dous quilómetros da vía ao seu paso polo municipio do Corgo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade instalará medidas para conter a fauna salvaxe en dous quilómetros da vía CG 2.2, o corredor que comunica Lugo con Monforte de Lemos, dentro dunha experiencia piloto para comprobar a efectividade dos novos sistemas.

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, precisou que os novos sistemas de contención serán instalados nun tramo do corredor ao seu paso polo municipio do Corgo, ademais de precisar que esta intervención supoñerá o investimento de 187.600 euros.

En concreto, o ensaio será realizado entre os puntos quilométricos 9 e 11 da vía de altas prestacións, co obxectivo de evitar a alta sinistralidade que se produce nese tramo da calzada pola irrupción de animais salvaxes, especialmente de xabarís.

A instalación dos novos sistemas sae hoxe a licitación e as empresas interesadas en facerse con este contrato teñen ata o día 24 de maio para presentar as súas ofertas. A empresa adxudicataria instalará un novo peche de seguridade de malla, de 1,50 metros de altura, cunha tensión no valo superior aos 1.000 quilos de arrastre, precisamente para conter aos xabarís.

Nos ramais de ligazón, onde queda interrompido o valado de malla, colocaranse pasos canadenses. Ademais, con antelación a estes pasos, instalaranse sobre a calzada redutores de velocidade e bandas transversais para alertar aos condutores.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...