InicioSociedade"Estabilizado" o gromo detectado entre mozos de vinte anos na capital lucense

“Estabilizado” o gromo detectado entre mozos de vinte anos na capital lucense

As probas realizadas aos contactos estreito deron todas negativos, pero o Sergas seguirá de preto a evolución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, deu este venres por “estabilizado” o gromo de Covid-19 que afecta sobre todo a rapazada de vinte anos na capital lucense e que foi motivo de “preocupación” para o Sergas desde principios desta semana, cando foron detectados os primeiros casos.

En declaracións a EFE, Ares precisou que nestes momentos foron diagnosticados arredor dunha vintena de casos mediante probas PCR. Os profesionais do Sergas seguen rastrexando os contactos deses casos positivos para cortar canto antes as cadeas de transmisión.

En todo caso, na súa opinión, ese gromo está “estabilizado”, porque as probas realizadas aos contactos máis estreitos desas persoas deron “todas” resultados “negativos”. Aínda así, precisou que os profesionais do Sergas seguirán “observando” de preto nos próximos días a evolución deste gromo.

En canto á situación da pandemia na cidade, recoñeceu que existe, efectivamente, un lixeiro aumento no número de contaxios, pero trátase dunha “tendencia pequena”, á vez que a presión asistencial tamén se mantén estable.

A día de hoxe, hai 173 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, dado que nas últimas 24 horas foron diagnosticados 10 novos positivos mediante probas PCR. En canto á presión asistencial, 8 persoas permanecen ingresadas en planta e 3 na UCI

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...