InicioSociedadeInvestigadores do Campus de Lugo alertan de novas formas de contaxio da...

Investigadores do Campus de Lugo alertan de novas formas de contaxio da Covid entre animais

Un estudo subliña a relevancia de estudar os factores ambientais que poderían afectar a eventuais gromos futuros por coronavirus e outros microorganismos patóxenos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As transformacións das cepas da Covid 19 e o seu rápido contaxio están abrindo novos campos de investigación que van xa máis alá dos factores humanos e apuntan tamén a factores medioambientais. De feito, así o recolle un recente estudo de investigadores galegos -con participación do Campus de Lugo- no que se fai fincapé na necesidade de estudar as condicións ecolóxicas e, especialmente, os contactos entre animais e persoas, para evitar novas transmisións do virus.

Aínda que se realizaron investigacións previas para detectar e cuantificar o virus en varios tipos de materiais e superficies,  estes investigadores consideran que se debe prestar maior atención á propagación do SARS- CoV-2 a través de aerosois, non só xa de persoa a persoa, senón tamén (principalmente pensando en eventuais mutacións futuras) ás transmisións entre especies de animais.

Un contaxio que se podería facilitar e aumentar a través das feces, vía oral, ou que afecten  e modifiquen as características actuais da transmisión de aerosois ou transmisións mediadas por superficies sólidas ou líquidas. Ata o de agora téñense confirmado contaxio de determinados animais a humanos e viceversa, principalmente, de gatos e visóns.

Este estudo, “SARS-CoV-2 and other main pathogenic microorganisms in the environment: Situation in Galicia and Spain”, acaba de ser publicado no último número da revista Environmental Research. Está asinado por Raquel Cela-Dablancaa, Vanesa Santás-Miguel, David Fernández-Calviño, Manuel Arias-Estévez, María J. Fernández-Sanjurjo, Esperanza  Álvarez-Rodrígueza e  Avelino Núñez-Delgado pertencentes ás facultades de Ciencias da Universidade de Vigo e a Politécnica de Lugo da Universidade de Santiago.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...