InicioSociedadeRábade baixa ao nivel medio de restricións a partir do luns

Rábade baixa ao nivel medio de restricións a partir do luns

Nos últimos sete días non se detectou ningún positivo novo no municipio. Barreiros sobe de chanzo ata o nivel alto ao ver incrementada a súa incidencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O subcomité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia actualizou este venres a lista de concellos segundo o nivel de restricións. Así, un dos cambios acordados é que o municipio de Rábade baixa a nivel medio. A incidencia acumulada a 14 días é superior a 250 casos por cada 100.000 habitantes, pero nos últimos sete días non se detectou ningún positivo novo.

Estas medidas, que entran en vigor o vindeiro luns día 12 de abril, supoñen que a hostalaría poida volver abrir no interior ao 30%, amais de nas terrazas ao 50%.

Pola contra, Barreiros sobe a nivel alto e súmase así á Pobra do Brollón como os dous concellos lucenses con máis limitacións.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...