Política Social valora o papel da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo

Fabiola García resaltou que Galicia é cada vez un lugar "máis plural".

A conselleira de Política Social, Fabiola García, na visita á Asociación de Promoción e Integración Xitana. XUNTA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que Galicia e a comunidade xitana coñécense mellor grazas ao papel exercido por entidades como a Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo.

García visitou este mércores a sede da asociación, onde lembrou que o Día Mundial do Pobo Xitano, que se conmemora o xoves, é unha “oportunidade perfecta” para reivindicar unha maior integración deste colectivo na sociedade. Así mesmo, incidiu en que esta celebración cobra un significado especial ao cumprirse 50 anos do I Congreso Mundial do Pobo Xitano.

Fabiola García asegurou que durante este tempo, Galicia converteuse nun lugar “máis plural” grazas a todos estes cidadáns que decidiron establecerse na comunidade e apostou por facilitar o acceso á educación, á sanidade, á vivenda e ao emprego para que poidan desenvolver o seu proxecto vital.