InicioSociedadeSegundo día consecutivo de aumento de casos activos na provincia

Segundo día consecutivo de aumento de casos activos na provincia

Redúcese a presión asistencial, ao rexistrarse 10 ingresos por Covid-19 (un menos ca na xornada anterior).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Novo incremento dos casos activos por coronavirus en Lugo, que este mércores 7 de abril alcanza os 145 diagnosticados de Covid-19 (+6 respecto de onte). O número de novos positivos detectados na última xornada é de 8.

Hai, iso si, unha lixeira melloría da presión asistencial, ao pasar de 11 a 10 ingresados. Deles, 3 están na Uci do Hula e os outros 7 están a ser atendidos en planta (5 no Hula, 1 na Mariña e outro en Monforte).

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas na provincia de Lugo, curáronse 11.749 curados e realizáronse 208.667 probas PCR.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...