InicioSociedadeAcepta tres anos de prisión por agredir sexualmente a unha muller nun...

Acepta tres anos de prisión por agredir sexualmente a unha muller nun pub de Lugo

Os feitos ocorreron en febreiro de 2020, cando o agora condenado bicou e tocou a vítima sen o seu consentimento e aproveitándose do seu estado de embriaguez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home acusado de agredir sexualmente a unha muller nun pub de Lugo en febreiro de 2020 aceptou tres anos de prisión, tras chegar a un acordo as partes. A Fiscalía pedía inicialmente dez anos de cárcere.

Segundo o escrito da acusación publica, os feitos tiveron lugar nun pub de Lugo o 9 de febreiro de 2020 de madrugada, cando o agora condenado, que permanece encarcerado desde o suceso na prisión lucense de Bonxe, estableceu unha conversación cunha muller que se atopaba “baixo unha forte influencia de bebidas alcohólicas”.

Posteriormente o home comezou a bicala “prevaléndose do estado de profunda embriaguez” da muller e “con ánimo de satisfacer os seus instintos libidinosos” a pesar da presión exercida por ela, segundo sinala a Fiscalía no seu escrito. Tras un forcexeo durante o que lle arrincou un botón da cintura, o procesado procedeu “a meter unha man no interior do seu pantalón, introducíndolle varios dedos na vaxina”. No entanto, ela conseguiu retirar a súa man e zafarse del.

Seguidamente a muller saíu ao exterior do local de copas de Lugo onde requiriu o auxilio das persoas que se atopaban nas inmediacións do lugar onde se cometeron os feitos.

Como consecuencia, a vítima sufriu lesións e o home permaneceu privado de liberdade por estes feitos desde o día en que foi detido, tras o que se acordou a medida cautelar de prisión provisional en virtude dun auto xudicial. Desde entón permaneceu na prisión de Bonxe 14 meses.

A DEFENSA DO ACUSADO

O avogado da defensa, Óscar Núñez Torrón, confirmou antes de entrar en sala que había “un acordo con Fiscalía e coa acusación particular”. “Vaise aceptar unha rebaixa de dez a tres anos, pola concorrencia das atenuantes de reparación do dano á vítima e embriaguez“, puntualizou.

Torrón sinalou que “dalgunha forma” o seu cliente recoñecía “os feitos”, e en canto á reparación do dano indicou que a cantidade “é lixeiramente superior” á que demandaba a Fiscalía, de “12.000 euros para a vítima”.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...