InicioSociedadeLara Méndez reincorpórase ao traballo presencial tras 19 días illada pola Covid-19

Lara Méndez reincorpórase ao traballo presencial tras 19 días illada pola Covid-19

A alcaldesa confesou que o máis duro foi non poder abrazar e bicar a súa filla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Covid19 mantivo en “corentena e illamento” á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, qa quen lle foi diagnosticada a enfermidade hai 19 días. O pasado venres foi dada de alta e hoxe reincorpórase á actividade presencial.

Méndez, que este luns comparecía en rolda de prensa para dar conta dunha nova liña de axudas económicas, confesou que este período foi “duro”, sobre todo “no primeiro tramo do confinamento”, que tivo que vivir afastada do seu marido e a súa filla. “Fíxose duro por non poder darlle un abrazo, nin un bico, á miña filla. Era como estar prisioneiro na propia vivenda”, describe.

Unha vez que puideron “convivir”, levouse ” mellor”, exteriorizou, para axiña destacar que “o primeiro que fixo” a súa pequena “cando puido, foi vir correndo” a abrazala. “Iso deume un subidón de adrenalina que me axudou a levar mellor esta situación”, engadiu.

“A pesar de estar en activo telematicamente, a través das novas tecnoloxías, a través do traballo electrónico, a través de videoconferencias e participar en foros, si que é certo que se bota de menos a forma presencial de traballar e hoxe estou contenta por estar ao cento por cento e podernos ver sen pantallas polo medio“, celebrou.

En canto a secuelas, Méndez recoñeceu que segue tendo “algo de tose”. “Sigo tendo ás veces a voz tomada. A sintomatoloxía que tiven foi a dunha gripe cando te deixa baldada”, exemplificou.

DIMISIÓN DE COUTO

Noutra orde de cousas, sobre o substituto do xa exconcelleiro de urbanismo, Miguel Couto, que presentou a dimisión a pasada semana, a alcaldesa de Lugo limitouse a puntualizar que seguen “pendentes” de substituílo coa “persoa que veña a formar parte da corporación municipal e unha vez que teñamos isto faremos unha organización do goberno do concello”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...