InicioSociedadeIngresado un neno na Uci do HULA con shock tóxico tras pasar...

Ingresado un neno na Uci do HULA con shock tóxico tras pasar a Covid-19

O menor, de 10 anos de idade, atópase "estable" cun cadro de dor abdominal e febres altas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un neno dun dez anos de idade permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) con shock tóxico vinculado ao coronavirus.

Así o confirmou o xefe de Pediatría do HULA, Roberto Pérez Pacín, en declaracións este mércores, quen explicou que o menor leva desde o luns ingresado na UCI e permanece “estable” con “prognóstico practicamente fóra de perigo, moito mellor”.

O doutor Pérez Pacín comentou que se trata do primeiro caso que atenden de shock tóxico, que se presenta con febre elevada e dor abdominal, como neste menor que leva tres días con “picos de 40”.

O neno xa recibiu a alta epidemiolóxica tras pasar hai semanas a Covid-19, pero foi ingresado debido ás consecuencias deste coronavirus. En concreto, o xefe de Pediatría do HULA explicou que pasou “un mes” desde que tivo a Covid ata que desenvolveu este shock, pero noutros casos “poden ser entre e seis semanas”, matizou.

Preguntado sobre as diferenzas entre a enfermidade de Kawasaki e o shock tóxico, este especialista en Pediatría explicou que a primeira se manifesta con síntomas na pel e afectación cardíaca e de mucosas, mentres que o segundo supón “unha baixada da tensión arterial” e “esixe que se actúe rapidamente porque é un cadro de gravidade que se produce”.

TRANQUILIDADE

Con todo, tras asegurar que se viron complicacións tras pasar a Covid-19 en nenos en varios hospitais de Galicia, entre os que citou Vigo; A Coruña; Santiago e Ourense, lanzou unha “mensaxe de tranquilidade” ás familias.

“A Covid afecta levemente os nenos”, manifestou, para engadir que “os casos en que se producen complicacións como este” de Lugo tras superar a enfermidade “collidos a tempo teñen tratamento” e “a evolución sempre é satisfactoria”. “Collidos a tempo a evolución habitualmente é boa”, abundou.

Así mesmo, puntualizou que os cadros multisistémicos non adoitan requirir ingreso en Unidade de Coidados Intensivos, pero “este shock tóxico sempre é un cadro de UCI”. Por iso, insistiu en que cando se presentan os seus síntomas, como “febre elevado,  dor abdominal e diarrea”, sempre debe ser consultado en hospital.

OUTRO CASO

A principios de marzo  unha nena de nove anos con Covid-19 tamén foi ingresada, nese caso na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con evolución favorable, coa síndrome inflamatorio sistémico vinculado ao coronavirus.

Fontes do Sergas indicaron tras transcender este ingreso que non se trataba dun caso singular, xa que houbo máis nenos de idades similares que foron trasladados á UCI de hospitais doutras áreas sanitarias da comunidade tras contaxiarse.

OUTRO CASO

Así mesmo, a principios de marzo unha nena de nove anos con Covid-19 tamén foi ingresada, nese caso na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con evolución favorable, coa síndrome inflamatoria sistémica vinculada ao coronavirus.

Fontes do Sergas indicaron tras transcender este ingreso que non se trataba dun caso singular, xa que houbo máis nenos de idades similares que foron trasladados á UCI de hospitais doutras áreas sanitarias da comunidade tras contaxiarse.

ÚLTIMAS

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...