InicioSociedadeA ADR-Comarca de Lugo incorpórase á rede Eurodesk

A ADR-Comarca de Lugo incorpórase á rede Eurodesk

Este proxecto dirixido á mocidade achega información sobre oportunidades de traballo, formación, voluntariado, bolsas, prácticas ou competicións a nivel europeo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo únese á rede Eurodesk e convértese así no único punto deste proxecto na provincia de Lugo. Trátase dunha asociación internacional sen ánimo de lucro e de apoio a Erasmus+, para dar información sobre as oportunidades de traballo, formación, voluntariado, bolsas, prácticas ou competicións a nivel europeo.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, celebra a incorporación da ADR que preside (e que inclúe os concellos de Lugo, Castroverde, Guntín, Friol, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade) a este proxecto do que existen máis de 1.600 puntos de información locais en 36 países europeos.

Así, Eurodesk é a principal fonte de información xuvenil sobre políticas europeas, información sobre mobilidade e oportunidades educativas non formais. Responde consultas e ofrece orientación para mozos móbiles de toda Europa, ademais de actualizar e xestionar o contido do Portal Europeo da Xuventude.

A Rede reúne a máis de 1.600 provedores locais de información xuvenil, os chamados “multiplicadores e embaixadores”, que son organizacións rexionais ou locais que traballan de primeira man cos mozos. Dende a organización promóvese o voluntariado, os intercambios xuvenís, as bolsas e as prácticas laborais.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...