InicioSociedade"Pendentes" da resolución da denuncia por "falta de máscaras FFP2" no Hula

“Pendentes” da resolución da denuncia por “falta de máscaras FFP2” no Hula

A CIG-Saúde censurou que nalgúns casos eran os propios profesionais sanitarios quen tiñan que mercar este material.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario en Lugo de CIG-Saúde, David Vázquez, confirmou que seguen “pendentes” da denuncia que formularon ante a Inspección de Traballo por non dispor, determinado persoal sanitario, de “equipos de protección fronte á Covid-19.

A denuncia foi presentada, explicou, fundamentalmente porque o Sergas non distribuíu a todo o persoal sanitario máscaras de protección FFP2, que nalgúns casos teñen que ser os propios traballadores os que as teñan que comprar.

“Non se está proporcionando esa protección e por iso denunciouse ante a Inspección de Traballo. A denuncia segue o seu curso e veremos en que acaba”, advertiu. Así mesmo, tamén censurou que non se estea aplicando o “plan de continxencia”, que non asinou a CIG, polo cal se recollen tres días de permiso para o persoal que traballa en primeira liña contra a Covid.

“As distintas xerencias están a denegalo (o permiso, que tamén comprendería a Atención Primaria) porque non cumpren os requisitos que marcan as instrucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos”, afeou finalmente.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...