InicioSociedadeVinte denuncias por saltar o toque de queda, entre elas un bar...

Vinte denuncias por saltar o toque de queda, entre elas un bar que servía copas de noite

A multa do local de hostalaría pode chegar aos 60.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a 19 persoas durante o pasado fin por saltarse o toque de queda, establecido entre as 22:00 e as 06:00 horas polas autoridades sanitarias, sen unha causa xustificada para iso, entre eles, o propietario dun restaurante que servía copas a pesar das restricións.

Segundo informou a Policía Local, como vén sendo habitual, despregáronse pola cidade varios dispositivos de seguridade para garantir o cumprimento das medidas decretadas polas autoridades sanitarias para frear os contaxios de coronavirus. Cada unha das persoas denunciadas por saltarse o toque de queda enfróntase agora unha posible sanción de 500 euros.

LOCAL ABERTO

Tamén, axentes da Policía Local de Lugo denunciaron ao propietario dun establecemento de hostalaría por servir á súa clientela no interior do establecemento superado o horario de apertura permitido, dado que tivo a xente no seu local, coa porta pechada, até preto das tres da madrugada.

Ademais, tamén foi denunciado por non colaborar cos axentes da autoridade, que chamaron de forma repetida á porta do establecemento, ao escoitar voces no interior do mesmo, pero ninguén lles abriu a porta.

Por superar o horario permitido polas autoridades sanitarias a proposta de sanción é de 500 euros, pero por impedir o traballo de inspección dos axentes pode chegar até os 60.000 euros, co agravante de que este hostaleiro é reincidente neste tipo de conduta.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...