Volven as operacións cirúrxicas ao HULA tras baixa a presión nas UCI

O Sergas destaca que a área de Lugo está "nun proceso de recuperación" da "normalidade asistencial".

Habitación do novo edificio do Hospital da Mariña | AXM
Camas dun hospital | AXM

descenso de persoas hospitalizadas afectadas a causa do coronavirus permitiu que as áreas sanitarias galegas, salvo a de Ponteveda-O Salnes, avancen na recuperación da actividade cirúrxica ordinaria, ao poder dispor de novo de espazos que foran habilitados para pacientes Covid.

Segundo os datos actualizados este martes por parte da Consellería de Sanidade, os pacientes Covid ocupan na Comunidade galega 488 camas, delas 105 de UCI –37 na área da Coruña, 18 na de Santiago, 15 na de Vigo, 14 na de Lugo, 11 na de Pontevedra, 7 na de Ferrol e tres na de Ourense– e 383 noutras unidades de hospitalización.

LUGO

Pola súa banda, en área de Lugo, o HULA tivo que “reaxustar un pouco a programación cirúrxica” nas últimas semanas, indicaron a Europa Press fontes da mesma, “en función das necesidades de persoal para a asistencia continuada en reanimación destes pacientes”.

No entanto, as mesmas fontes da área puntualizaron que no HULA a presión asistencial na última onda (a terceira) foi menor que noutros hospitais da rede do Sergas, aínda que rexistrou neste período “a maior presión asistencial”, sobre todo na unidade de críticos, xa que alcanzou “o maior número de hospitalizados en UCI”, pero “sen chegar ao máximo”, matizaron, que podían atender.

Por tanto, a área de Lugo está “nun proceso de recuperación” da “normalidade asistencial” e “programando con normalidade a programación cirúrxica”, aseguraron as mesmas fontes. Así mesmo, por parte da área sanitaria de Lugo matizouse que toda a actividade cirúrxica urxente –prioridade 1–, procesos graves, procesos oncolóxicos e outros, “non se viu afectada e non sufriron atrasos, senón que se fixeron todos en función da demanda e as necesidades que había diariamente”.

“A actividade que se reaxustou era patoloxía non urxente que podería necesitar recursos de REA (reanimación) e que se substituíu por cirurxía máis sinxela ou cirurxía maior ambulatoria que necesitaba menos recursos de reanimación”, explicaron as mesmas fontes.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here