InicioSociedadeA Deputación volve ofrecer o Pazo dos Deportes para a vacinación masiva

A Deputación volve ofrecer o Pazo dos Deportes para a vacinación masiva

A ampla zona de aparcadoiro facilitaría a loxística.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado responsable da área de Deportes na Deputación de Lugo, o nacionalista Efrén Castro, volveu ofrecer á Xunta de Galicia o Pazo Universitario dos Deportes para realizar vacinacións masivas fronte á covid-19.

“Vendo os plans que están a facer noutros países ou noutras comunidades autónomas (Madrid co Wanda Metropolitano), onde están a ofrecer as súas instalacións deportivas polas súas características, o que facemos é un ofrecemento público para que se así o desexan, conten coas nosas instalacións”, manifestou.

O nacionalista explicou que se ofrece o Pazo dos Deportes porque “parece” a instalación “máis adecuada”, con varios aparcadoiros grandes. Con todo, subliña que “calquera instalación propiedade da Deputación que as autoridades sanitarias consideren adecuadas para a vacinación” poderase facilitar.

Efrén Castro sinalou que en Israel, “o país máis avanzado” na inmunización da súa poboación, úsanse este tipo de espazos, así como aparcadoiros grandes para “meter toda a infraestrutura que se necesite”.

Neste sentido, subliña que no Pazo “collen unha chea de coches”, “está ben situado para ir a pé ou en coche” e tamén “moi ben comunicado” para aquelas persoas que acudan de fóra da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...