Medio millar de casos activos en Lugo, que segue con 43 ingresos por Covid

Nas últimas 24 horas detectáronse 12 positivos novos.

Dúas persoas con máscaras / EP

A área sanitaria de Lugo comeza marzo con medio millar de casos activos de coronavirus: son 500, once menos ca no día de onte. Nas últimas 24 horas detectáronse 12 positivos novos a través de PCR.

A situación nos hospitais non presenta moitos cambios despois da xornada de suba nas hospitalizacións de onte, domingo. Así, segue habendo 43 pacientes ingresados: 29 en planta (23 no Hula, 3 no Hospital da Mariña e 3 no de Monforte) e 14 nas Unidades de Coidados Intensivos. 

Por outra banda, os datos históricos revelan que dende o inicio da pandemia faleceron 205 persoas na provincia, curáronse 10.997 e realizáronse 188.081 probas PCR.

GALICIA

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Galicia aumentaron lixeiramente en catro ata os 536. deles 105 atópanse en Unidade de Coidados Intensivos (-3), mentres que os novos contaxios diarios caen á metade que este domingo, con 103 detectados. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here