InicioSociedadeSeguen caendo os novos casos e a presión hospitalaria pola covid en...

Seguen caendo os novos casos e a presión hospitalaria pola covid en Lugo

Só hai 23 novos positivos e baixan os pacientes en planta e en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un día despois de iniciar a desescalada das restricións na hostalaría e a mobilidade municipal, os datos da pandemia en Galicia seguen reflectindo a continua baixada das hospitalizacións. En concreto, hai 533 ingresados con covid en total –31 menos que 24 horas atrás--, dos que 114 estan en unidades de coidados intensivos (UCI) –tres menos–.

Ademais, de acordo cos datos feitos públicos este sábado pola Consellería de Sanidade, con cifras solicitadas ata as 18,00 do venres, os casos activos caeron dos 6.000, ata situarse en 5.900, cifra máis baixa desde o 4 de xaneiro. Con todo, os novos casos de covid detectados por calquera tipo de probas mantéñense no mesmo número do día anterior: 272.

No que respecta á presión hospitalaria,  todas as áreas sanitarias diminuíron a cifra de ingresados, agás Vigo. A de Lugo-A Mariña-Monforte baixou a 38 os ingresados totais (-2), con 13 en coidados intensivos (-3).

MENOS CASOS ACTIVOS EN LUGO

Os casos activos proseguen a tendencia descendente ata situarse en 5.900, o que supón 373 menos. Todas as áreas sanitarias continúan en caída e soamente a da Coruña-Cee supera o milleiro. As que menos afectados covid teñen son a de Lugo-A Mariña-Monforte, cun total de 591, tras baixar en 40 nas últimas 24 horas e a de Ourense-Verín-O Barco, con 366, ao descender en 20.

CONTAXIOS ESTABILIZADOS

Con todo, o parte deste sábado reflicte unha estabilización dos novos casos de covid-19 detectados por calquera tipo de proba. A área de Lugo suma 23 positivos. Ata a data as persoas que se contaxiaron de covid-19 en Galicia ascenden a 112.310. A área de Lugo-A Mariña Monforte tivo 11.686.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...