InicioSociedadeA odisea do traxecto Friol-Narla: "Ou comes as fochancas ou comes a...

A odisea do traxecto Friol-Narla: “Ou comes as fochancas ou comes a cuneta”

Veciños da zona quéixanse do "lamentable" estado da LU-P-2106 e achácano ás choivas, ás sacas de madeira e á falta de mantemento. Son cinco quilómetros que supoñen un perigo para a circulación e que ocasionan danos nos vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estrada LU-P-2106, vía provincial que une Friol coas parroquias de Lamas e Narla, converteuse dun tempo a esta parte nunha odisea para os coches que a transitan a diario. Veciños da zona critican o “lamentable estado” do firme, repleto de fochancas ao longo de cinco quilómetros.

As choivas dos últimos meses, a actividade madeireira e a falta de mantemento en xeral son algunhas das causas que poderían explicar o empeoramento da estrada. “Nunca xamais estivo tan mal coma este ano”, quéixanse. “Ninguén se preocupa disto” a pesar de que supón un perigo real para a seguridade viaria. Pídenlle á Deputación de Lugo, entidade titular da vía, que repare os desperfectos canto antes para evitar males maiores.

Os coches fan camiño pola cuneta porque acaba sendo máis seguro ca ir pola propia estrada“, explican. Con todo, hai puntos nos que a vía se estreita demasiado e nos que o desnivel das marxes complica aínda máis a circulación. Falan, por exemplo, de curvas pechadas e con moi pouca visibilidade. “É imposible apartar. Ou comes as fochancas ou comes a cuneta”.

Se o traxecto Friol-Narla levaba pouco máis de seis minutos en condicións de normalidade, agora este tempo duplícase pola necesidade de circular extremadamente amodiño. A veciñanza teme que o deterioro do firme remate causando algún accidente, á parte dos danos que xa ocasiona nos baixos e nos pneumáticos dos vehículos. Algunhas fochancas presentan unha profundidade de case 15 centímetros que, ao encherse de auga da choiva, fican ocultas aos ollos de condutores non familiarizados cos atrancos da vía.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...