InicioSociedadeArrinca sen incidencias a vacinación a maiores de 80 anos na provincia

Arrinca sen incidencias a vacinación a maiores de 80 anos na provincia

Está previsto vacinar a 850 persoas cada día ao longo desta semana en Lugo. Catalina Heras foi a primeira delas e recibiu a dose no centro de saúde de Fingoi.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas iniciou este luns 22 de febreiro a campaña de vacinación a persoas maiores de 80 anos non usuarias de residencias. Na provincia de Lugo, Catalina Heras Díez foi a primeira paciente en recibir o antídoto. Foi no centro de saúde de Fingoi, na capital lucense.

Segundo explicou a directora de enfermaría da área sanitaria de Lugo, María Jesús Pérez Taboada, a campaña arrincou sen incidencias na provincia, onde esta semana  está previsto vacinar a 850 maiores cada día. “A vindeira semana poderase incrementar esta cifra en función do número de doses que recibamos”, precisou.

Os equipos sanitarios que xa aplicaron o antídoto aos usuarios das residencias sociosanitarias serán tamén os encargados de desenvolver este proceso de vacinación, que terá lugar en todos os servizos de atención primaria da provincia.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...