InicioSociedadeA Policía Local tramita 30 denuncias pola covid, unha delas por unha...

A Policía Local tramita 30 denuncias pola covid, unha delas por unha festa con non convivintes

As sancións levan aparelladas multas de ata 500 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou unha trintena de actas denuncia durante o pasado fin de semana por incumprimentos das restricións vixentes para frear a pandemia da Covid-19, 11 delas relativas a reunións de non conviventes.

Segundo concretou a Policía Local, durante varios filtros de seguridade o fin de semana pasado, axentes municipais realizaron 10 actas denuncia por entrar no termo municipal de Lugo “sen causa xustificada”, o que supón unha proposta de sanción de 500 euros.

A mesma multa para as reunións de non conviventes, aplicable ás 11 denuncias por incumprir as normas de limitación de grupo. A estas súmanse seis denuncias por transitar pola vía pública entre as 22,00 e as 6,00 horas -cando está decretado o toque de queda- “sen causa xustificada”, o que supón sanción de 500 euros.

Tamén os policías locais tramitaron tres actas de denuncia por non usar a máscara de protección en vía pública, o que leva cen euros de multa.

FESTA CON NON CONVIVENTES

Doutra banda, sobre as 1,15 horas do pasado 13 de febreiro, unha patrulla da Policía Local trasladouse a un edificio do Sacro Corazón porque veciños denunciaron unha festa no interior dunha vivenda, o que lles imposibilitaba o descanso.

Por iso, axentes comprobaron que se escoitaba “volume elevado” da televisión e voces “en ton alto”. Deste xeito, identificaron ao responsable. Posteriormente, a Policía Local volveu recibir denuncias da mesma vivenda por “ruídos molestos”, polo que ao acudir ao lugar identificaron a todos os que estaban no interior do domicilio.

Así constataron que tres dos asistentes non eran convivientes, polo que se tramitou acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia e cada un foi proposto para sanción de 500 euros.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...