InicioSociedadeO Sindicato de Policía atribúe a "motivos económicos" o peche do 091...

O Sindicato de Policía atribúe a “motivos económicos” o peche do 091 en Lugo

Aseguran que a centralización das chamadas na Coruña redundará nunha peor atención aos cidadáns, porque se perderá axilidade e familiaridade coa zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O portavoz do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, Roberto González, sostén que o peche das salas operativas do 091 nas comisarias provinciais de Lugo e Ourense responde a “motivos económicos”, pero non de “operatividade”, porque a atención aos cidadáns verase “deteriorada”.

Coa eliminación destas salas do 091, preténdese centralizar a totalidade de chamadas na sede da Coruña. Se ben dende a Subdelegación do Goberno insisten en que iso beneficiará a veciñanza porque habería máis axentes na rúa, dende o SUP non o consideran así e entenden que a decisión é movida por intereses económicos.

Afórranse “uns funcionarios, dez en Ourense e nove en Lugo, para destinalos a outros fins”, dixo González, mentres que na Coruña o incremento de persoal non se realizará na mesma proporción, de modo que os policías a cargo da sala do 091 “terán máis volume de traballo” e, posiblemente, “haberá chamadas que tardarán en ser atendidas”, o que supoñerá unha “deterioración no servizo”.

Ao seu xuízo, “non se vai a gañar en operatividade”, porque cando a xente chama ao 091, “moitas veces, froito do nerviosismo e da tensión que está a padecer nese momento, é incapaz de concretar a rúa na que se atopa ou que establecementos comerciais ou de hostalería están preto de onde está”.

COÑECER A ZONA

Neses momentos, aclara González, “se o operador coñece a zona, pola súa propia experiencia ou mesmo porque a persoa que fai a chamada xa se puxo antes en contacto coa policía” a través do 091, pode responder con maior celeridade.

Ademais, o feito de coñecer tamén “os axentes que están de patrulla na rúa”, pode mellorar tamén “a eficacia e a eficiencia” á hora de responder a este tipo de situacións, segundo o voceiro do SUP en Galicia.

Nese sentido, lembrou que “os primeiros momentos despois dun feito delituoso son fundamentais para a súa resolución”, porque en caso contrario “hai que abrir unha investigación e é todo moito máis laborioso” desde o punto de vista policial.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...