InicioSociedadeA Deputación activa un plan "pioneiro" de formación para máis da metade...

A Deputación activa un plan “pioneiro” de formación para máis da metade do seu funcionariado

Trátase dunha Acción Formativa para o Procedemento de Promoción Interna Horizontal, na que poderán participar 321 empregados da entidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este xoves a posta en marcha dun plan “pioneiro” en Galicia para a formación de 321 traballadores provinciais, máis da metade do persoal de funcionarios.

Este plan porase en marcha xa a semana que vén e estenderase ata maio. “Ten un dobre obxectivo: por unha banda, dar ferramentas aos empregados públicos da Deputación para progresar na súa carreira profesional a través da mellora das súas capacidades; e supón tamén unha mellora nas súas condicións laborais e salariais”, explicou Tomé en rolda de prensa.

Son tres os niveis de formación entre os distintos grupos de funcionarios, con catro módulos acerca de: Deputación, recursos humanos, procedementos administrativos e novas tecnoloxías. En total, impartiranse oito edicións do distintos curso, que sumarán 320 horas de formación (40 horas por cada edición).

A participación nestes cursos será “voluntaria“, aínda que “será necesaria para a promoción profesional” na Deputación. “Ao mesmo tempo melloramos o funcionamento na Deputación e a atención nos concellos, a atención aos cidadáns e a prestación de servizos públicos”, valora Tomé. Remarca que estes servizos públicos “son o único escudo eficaz e universal” ante situacións de crises como as que se padece actualmente.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...